Guía de navegación

¿Como navegar polo portal de internet da Administración orzamentaria? www.pap.minhap.gob.es

Na cabeceira identifícase a Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que configura o ámbito da Administración orzamentaria.

Sitúanse, así mesmo, nesta zona os accesos ás versións do portal nas distintas linguas oficiais do Estado e, ademais, en inglés e francés.

Tamén se atopan o acceso á páxina de inicio da navegación, o mapa do portal e o acceso a enderezos de correo para atender as consultas dos usuarios sobre os contidos publicados, así como opcións de busca.

O corpo central, zona superior, estrutúrase en tres canles:

  • Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos
  • Intervención Xeral da Administración do Estado
  • Oficina virtual

A zona inferior do corpo central dedícase a destacar as novidades que os centros directivos, xestores dos contidos do portal da Administración orzamentaria quixeron significar.

Ademais, na marxe dereita, figuran accesos a campañas institucionais da Administración xeral do Estado.

No pé de páxina, inclúese o enlace a esta guía e indícanse diversos estándares que cumpre este portal.

Secretaría General de Presupuestos y Gastos 

Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos

Órgano directivo ao que, baixo a dependencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas, lle corresponde dirixir e coordinar:

  • A planificación, programación e orzamentación do sector público estatal, a través da Dirección Xeral de Orzamentos.
  • A planificación, programación e orzamentación dos custos de persoal do sector público estatal e o recoñecemento e o pago das pensións do Réxime Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas.
  • O deseño, a planificación e as actuacións relativas aos fondos comunitarios e incentivos rexionais; en especial, a xestión dos fondos destinados á política económica rexional e o seguimento e a xestión da participación española no orzamento da Unión Europea, a través da Dirección Xeral dos Fondos Comunitarios.

No exercicio destas funcións, asume a coordinación da Comisión de Políticas de Gasto e da Comisión de Ingresos, que presidirá cando non o faga o ministro de Facenda e Administracións Públicas; a presidencia das Comisións de Análises de Programas; a vicepresidencia da Comisión de Coordinación Financeira de Actuacións Inmobiliarias e Patrimoniais e a presidencia do Comité de Investimentos Públicos e do Consello Reitor de Incentivos Rexionais.

A través destas páxinas, pódese obter información actualizada de todas as súas actuacións e comunicar coas diferentes unidades a través dos enderezos de contacto indicados.

Organización e aspectos xerais

Neste punto, preséntase a estrutura organizativa e as funcións da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e dos seus centros directivos:

  • Dirección Xeral de Orzamentos.
  • Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas.
  • Dirección Xeral de Fondos Comunitarios.

Orzamentos xerais do Estado

Este punto contén, para o exercicio en curso, a información relativa aos orzamentos xerais do Estado, tanto os aprobados coma os seus proxectos. O contido dos orzamentos está explicado e resumido en varios libros: o Libro amarelo, de presentación do proxecto dos orzamentos ás Cortes Xerais; o Caderno branco, de resumo do Libro amarelo; e o Libro azul, de introdución e estruturas orzamentarias.

Facilita o acceso a información referente a:

  • Orzamentos de exercicios anteriores
  • Orzamentos da Unión Europea, das comunidades autónomas e das entidades locais
  • Normativa orzamentaria
  • Informe económico e financeir
  • Estatísticas orzamentarias
  • Outra documentación orzamentaria. A través desta páxina, pódese acceder á seguinte información:
    • Documentos de traballo
    • Bases de datos macroeconómicos
    • Revista do orzamento e gasto público
    • Programas de estabilidade
    • Documentación histórica
    • Oficina virtual

Fondos da Unión Europea

A Dirección Xeral de Fondos Comunitarios é o órgano da Administración central responsable do estudo, avaliación e coordinación da xestión da aplicación en España dos fondos estruturais comunitarios, en especial do FEDER, e do Fondo de Cohesión, sen prexuízo das competencias que nesta materia lles corresponden a outras entidades da Administración.

Pensións de clases pasivas

A Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas ten encomendadas, entre outras funcións, o recoñecemento e o pagamento das pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado causadas polos funcionarios civís, así como o pagamento das causadas polos funcionarios militares; a xestión das pensións e indemnizacións derivadas da Guerra Civil española; das axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual; das pensións por actos de terrorismo en favor das persoas que non están incluídas en ningún réxime público e obrigatorio da Seguridade Social; e dos anticipos do fondo de garantía do pagamento de alimentos.

En cumprimento do compromiso asumido de mellorar de forma continua os servizos prestados e de facilitar as relacións do cidadán coa nosa Administración, neste espazo ofrecémoslle, ademais de toda a información sobre as prestacións de clases pasivas, a posibilidade de realizar por medios telemáticos xestións relacionadas con tales prestacións.

En efecto, a Oficina Electrónica de Clases Pasivas permítelle efectuar a través de internet determinadas xestións e consultas, sen necesidade de desprazarse ata as oficinas da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas ou das delegacións de Economía e Facenda (consulte a Carta de Servizos Electrónicos e o tríptico informativo sobre a Oficina Electrónica de Clases Pasivas).

Custos de persoal

A Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas ten ao seu cargo, entre outras funcións, o exercicio das competencias legalmente atribuídas ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en materia de custos derivados de medidas relativas ás retribucións do persoal activo e da dotación dos postos de traballo dos órganos da Administración.

igae 

Intervención Xeral da Administración do Estado

A Intervención Xeral da Administración do Estado, adscrita á Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, con rango de subsecretaría, ten ao seu cargo:

  • O control interno, mediante o exercicio da función interventora e de control financeiro.
  • O seguimento e o control de subvencións e axudas públicas.
  • As actuacións derivadas do exercicio do control dos fondos comunitarios, no que se refire ao exercicio das funcións de autoridade de auditoría.
  • A dirección e xestión da contabilidade pública.
  • A formación das contas económicas do sector público.
  • O asesoramento aos órganos de xestión derivado das súas funcións de control.
  • A xestión da información económico-financeira derivada do exercicio das súas funcións contables e de control.
  • A relación coas facendas territoriais para os efectos da información contable que deben remitir para a formación das contas económicas do sector público.
  • O auxilio e a colaboración coa Administración de xustiza en procedementos relativos a delitos públicos de carácter económico.
  • A planificación, o deseño e a execución da política informática da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e da Intervención Xeral da Administración do Estado, o soporte informático das actividades e o asesoramento, coordinación e instrumentación dos proxectos informáticos dos seus órganos.
  • O auxilio e a colaboración coa Administración de xustiza naqueles procedementos relativos a delitos relacionados coas funcións e coas competencias que o ordenamento xurídico lle atribúe, dentro das condicións e límites fixados no correspondente convenio co Ministerio de Xustiza.

Organización e aspectos xerais

Ofrécese información relativa a:

  • Organización e funcións da Intervención Xeral da Administración do Estado
  • Oferta de emprego público
  • Concursos de persoal
  • Licitacións públicas en curso

Execución do orzamento e contabilidade pública

Proporciona acceso a información relativa a:

  • Orzamentos xerais do Estado
  • Execución do orzamento da Administración xeral do Estado
  • Distribución territorial do investimento do Estado e dos seus organismos
  • Liquidación do orzamento
  • Avance de liquidación do orzamento
  • Resumo da conta da Administración xeral do Estado
  • Conta Xeral do Estado
  • Informe sobre o cumprimento de prazos de pago
  • Normativa sobre contabilidade pública
  • Criterios para a aplicación das instrucións contables
  • Novo Plan xeral de contabilidade pública

Informes e contas económicas do sector público

Onde pode atoparse información en materia de contas económicas de sector público, clasificada nas seguintes epígrafes:

  • Publicacións
  • Contabilidade nacional
  • FMI Proxecto NEDD/SDDS

Control do gasto público

Recóllense baixo este punto as opcións de acceso ás disposicións xerais do control da xestión económico- financeira, efectuado pola Intervención Xeral da Administración de Estado; as disposicións específicas aplicables en materia de fiscalización previa; as normas de auditoría do sector público e normas técnicas; e a normativa aplicable no control financeiro de fondos comunitarios.

Procedementos

Neste punto, proporciónase información sobre o procedemento de control financeiro de subvencións e axudas públicas, cuxa competencia ten atribuída a Intervención Xeral da Administración do Estado. Así mesmo, ofrécese a posibilidade da súa tramitación telemática.

Normativa e informes

A través deste punto, pódese acceder á normativa nas materias obxecto do tratamento deste portal.

Así mesmo, pódese acceder ás páxinas correspondentes das intervencións xerais de comunidades autónomas e de organismos doutros estados con funcións similares ás da IXAE.

  • Marco normativo do orzamento e gasto público
  • Proxectos normativos
  • Orzamentos
  • Contabilidade pública
  • Control público
  • Clases pasivas
  • Custos de persoal
  • Fondos Unión Europea
  • Financiamento territorial
  • Base de datos Lei (Lexislación e informes)
  • Intervencións xerais de comunidades autónomas
  • Normativa de comunidades autónomas
  • Organismos de estados membros da Unión Europea con funcións similares
  • Organismos estatais iberoamericanos con funcións similares

Publicacións

A información sobre publicacións está clasificada neste punto nas seguintes epígrafes:

  • Catálogo da IXAE
  • Publicacións en liña
  • Revista Conta con IXAE

Estatísticas e informes

Seguindo o Acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos sobre melloras na transparencia no ámbito da información económica e estatística proporcionada polo Goberno (Consello de Ministros do 14 de xaneiro de 2005), ofrécense estatísticas e informes relativos a:

  • Orzamento
  • Execución e liquidación do orzamento
  • Contabilidade nacional
  • Pensións de clases pasivas
  • Custos de persoal
  • Fondos europeos

Inventario de entes do sector público estatal (Invespe)

A publicación do inventario de entes do sector público estatal ten como obxectivo ofrecer o coñecemento da súa estrutura, dimensión e composición.

Está constituído por todas as figuras xurídicas relacionadas no artigo 2 da Lei 47/2003, xeral orzamentaria, agás a Administración xeral do Estado. Ademais, inclúe de forma diferenciada e adicional a información relativa aos consorcios, fundacións e empresas participados de forma minoritaria polo Estado, xa sexa directa ou indirectamente, ofrecendo detalle dos compoñentes e a súa clasificación en contabilidade nacional. Facilítanse, ademais, os seus datos xerais, a estrutura de dominio, as magnitudes económico-financeiras máis significativas, así como a distribución porcentual dos ingresos que financian a actividade de cada exercicio.

Foro Iberoamericano de Contabilidade Pública (FIC)

Trátase dun foro permanente de reflexión e traballo entre os países iberoamericanos, España e Portugal, co obxectivo de avanzar no mutuo coñecemento e a posta en común de diversas experiencias en materia de contabilidade pública.

Enlaces

Nas dúas canles anteriores (SXPG e IXAE), ofrécese un repertorio específico de enlaces a contidos similares ou relacionados.

@dministración electrónica 

Oficina virtual

A través da Oficina virtual facilítase o acceso á Oficina Electrónica de Clases Pasivas, así como a servizos de descarga de versións actualizadas de programas ou aplicacións informáticas de interese para a xestión económico-financeira dos órganos xestores públicos e para envío de información económico-financeira, a través de internet, por parte dos órganos xestores da Administración xeral do Estado; organismos autónomos; empresas públicas e entidades locais. Así mesmo, proporciona información sobre o catálogo de sistemas de información accesibles dende organismos públicos, servizo de solicitude de acceso a calquera dos sistemas do devandito catálogo e acceso ao escritorio personalizado de aplicacións ou bases de datos con acceso restrinxido, logo de autorización.

Esta canle estrutúrase nos seguintes puntos:

Procedementos administrativos do extinto Ministerio de Economía e Facenda

A práctica totalidade da actividade da Administración pública desenvólvese arredor da xestión e tramitación dos procedementos administrativos e servizos, caracterizados polo seu alto grao de formalización, consecuencia da suxeición da actividade administrativa ás normas.

Os procedementos administrativos e servizos son procesos a través dos cales un órgano administrativo competente decide sobre as prestacións, servizos e pretensións formuladas polos cidadáns.

Coa finalidade de dar a coñecer os principais procedementos administrativos e servizos cuxa competencia ten atribuída o extinto Ministerio de Economía e Facenda, a través deste punto (por enlace ao portal do Ministerio) pode obter información sobre todos eles e tramitar electronicamente algúns.

Catálogo de sistemas de información

A relación de aplicacións que aparece neste punto por cada tipo de unidade administrativa, organismo público ou Administración pública refírese ao catálogo de sistemas de información da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, aos que se podería acceder coa autorización previa do responsable da base de datos. Para máis información, pódese acceder a información específica de cada dun dos sistemas pulsando sobre o seu nome, no caso de que estea activa esta función ou, pola contra, pódese solicitar información adicional remitindo un correo electrónico ao enderezo que aparece na páxina principal desta web.

Igualmente, ofrécese a través deste punto o catálogo de servizos web ofrecidos pola Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos para facilitar a interoperabilidade cos sistemas doutras entidades e administracións públicas.

Pódese atopar información específica de cada dun dos servizos pulsando sobre o seu nome, no caso de que estea activa esta función, ou pola contra pódese solicitar información adicional remitindo un correo electrónico ao enderezo que aparece na páxina principal desta web.

Solicitude de acceso aos sistemas de información

No ámbito da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos (SEOG), o acceso aos sistemas de información e a outros contidos ou servizos electrónicos que se subministran vía internet están regulados pola Resolución do 27 de febreiro de 2009, da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, pola que se regula a política de seguridade dos sistemas de información.

Con carácter xeral, o acceso a estes servizos require que o usuario estea previamente rexistrado; é dicir, autorizado para acceder a cada un deles. Ademais, nun número crecente destes servizos esíxese que este acceso se realice mediante certificado electrónico expedido por un provedor autorizado de servizos de certificación.

Acceso aos sistemas de información

A través deste punto, accédese ao escritorio personalizado de sistemas de información da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos. Nel atopará unha icona para cada sistema de información na que o usuario disporá de permisos de acceso por ser autorizado previamente.

Descarga de programas IXAE

Preséntase neste punto a información e os procedementos de descarga relativos aos programas que a Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE) pon á disposición doutras organizacións públicas, ben sexa para facilitar o envío de información de carácter económico-orzamentario á propia IXAE ou ben por tratarse de programas de utilidade para a xestión económica do sector público.

Formatos de intercambio

Proporciónanse aqueles formatos normalizados para o intercambio de información con sistemas de información da Administración orzamentaria, postos á disposición de usuarios externos ao devandito ámbito, incluíndo unha breve descrición da finalidade do formato normalizado, os seus destinatarios e a normativa ou documentación na que se especifica o formato.

Utilidades orzamentarias

Neste punto, ofrécense fundamentalmente:

  • Estándares de intercambio de información relativos á elaboración dos orzamentos xerais do Estado.
  • Modelos orzamentarios para a elaboración por parte dos centros xestores das propostas para os escenarios orzamentarios e para os orzamentos xerais do Estado.

Contabilidade pública local

A Intervención Xeral da Administración do Estado pon á súa disposición a sección "Contabilidade pública local", dende onde poderá acceder á información relacionada coa contabilidade das entidades locais: normativa contable, formato normalizado de contas, aplicación BÁSICAL, guías para a apertura da contabilidade o 1 de xaneiro de 2006, foro de contabilidade pública local...

Información complementaria

Exponse nesta opción diversa información de carácter complementario á ofrecida no resto de páxinas e puntos, actualmente:

  • Especificacións TELCON
  • Normativa básica
  • Notas informativas
  • Jubil@

Utilidades

Selección de enlaces que lle permitirán descargar software gratuíto, necesario para acceder a algúns contidos deste portal.

Foros

Estes foros pretenden ser un lugar onde os usuarios acudan a debater sobre os temas a que fan referencia e a poñer en común as súas experiencias ao respecto.

Normas de uso: existen dous tipos de foros, foros públicos e foros privados. Os foros públicos son foros abertos a todos os interesados no seu contido, cuxo acceso ten carácter gratuíto e non require rexistro previo do usuario. Os foros privados requirirán rexistro de usuario e contrasinal para todo tipo de acceso, seguindo as instrucións que se indiquen en cada caso.

Aspectos xerais

Imagen institucional del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas y de la Secretaría de Estado de Presupuestos y Gasto 

As cabeceiras de páxinas do portal mostran o logo institucional do Goberno, do Ministerio e da SEOG, a opción para acceder a versións noutras linguas, o buscador web e algúns menús auxiliares.

Inicio | Mapa | Contactos

Desde o escudo institucional do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, accédese ao portal do Ministerio e desde o logo da SEOG pódese volver en todo momento á páxina de inicio do portal da Administración orzamentaria.

Na parte inferior, ofrécense as novidades dos contidos de cada canle principal.

Situada no pé da páxina, a zona de menú complementario ofrece información referente á guía de navegación, aviso legal, accesibilidade e grao de cumprimento de certos estándares de internet.

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 valid xhtml10 valid css 

Como saber onde estamos?

A través do encabezamento que se atopa na parte superior do marco central das páxinas de navegación aparece a canle, subcanle e tema do contido informativo no que nos atopamos.

Inicio > Información Complementaria > Normativa Básica

Tamén nos podemos orientar en todo momento a través do botón "Mapa", situado na zona de cabeceira de cada páxina.

Como cambiar de idioma?

O portal da Administración orzamentaria ten gran parte dos seus contidos en versión multilinguaxe. Pódese navegar usando as linguas oficiais de España (castelán, catalán/valenciano, éuscaro e galego) e en dúas linguas estranxeiras (inglés e francés). O menú que permite a opción de idiomas atópase na cabeceira, marxe superior dereita, da páxina de inicio do portal e das canles principais.

Bienvenido | Benvingut | Ongi etorri | Benvido | Welcome | Bienvenue

Para visualizar a versión do portal nunha lingua distinta ao castelán (idioma por defecto), haberá que seleccionar a palabra "Benvido" na lingua correspondente á versión desexada.

Impresión de contidos

Para imprimir o contido de calquera páxina, pulsarase sobre a icona ou enlace.

imagen impresoraVersión imprimible

Web accesible para persoas con minusvalía e outros dispositivos de navegación

O portal da Administración orzamentaria é accesible segundo os estándares WAI (AA) do W3C.

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 

Recomendacións técnicas e programas necesarios para baixar información do portal

  • Este portal está optimizado para os navegadores MS Internet Explorer versión 6.0 ou superior, Firefox 3.0 ou superior, Opera 9.0 ou superior, K-Meleon 1.5.3 ou superior.
  • Tamén se pode acceder dende PDA e teléfonos móbiles que conten con Opera Mini 4.2 ou superior ou coa última versión de IE incluída en Windows Mobile 6.5 ou superior. Dada a diversidade de sistemas operativos, algúns propietarios, incluídos polos fabricantes destes dispositivos, non se pode garantir a correcta navegación dende todos eles.
  • As páxinas están desenvolvidas para unha resolución óptima de pantalla de 1024 x 768 e navegador configurado cun máximo de tres niveis de barras de ferramentas.
  • Os programas necesarios para visualizar determinados documentos do portal poden descargarse dende a opción "Utilidades", que aparece no menú esquerdo de cada sección.
  • Tamén se ofrecen contidos segundo o estándar RSS 2.0. Para utilizar o servizo RSS, hai que instalar un programa chamado lector ou agregador ou un explorador de internet que soporte este estándar.
Data da última actualización: 26/11/2012
  • Icono de conformidad con el Nivel Doble-A,
  • XHTML 1.0 Transitional Válido
  • CSS Válido
  • RSS