Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Requirimentos para a firma electrónica mediante certificado

Requisitos para a firma electrónica

O usuario asinante deberá contar cun certificado electrónico recoñecido, expedido polos prestadores de servizos de certificación comprendidos na seguinte relación: Relación de prestadores de servizos de certificación.

É necesario ter instalada a aplicación AutoFirma antes de iniciar a conexión á aplicación onde se requira a firma e é conveniente revisar que se dispón dunha versión actualizada da aplicación. Esta aplicación pódese descargar na páxina: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html A instalación de AutoFirma sobre Microsoft Windows debe ser realizada por un usuario con permisos de administrador. Contacte co seu servizo de informática para a instalación.

Para o uso de DNIe requírese ter instalada a última versión do módulo criptográfico do DNIe, que pode atopar en http://www.dnielectronico.es/ (área de descargas).

Importante: Por requisitos funcionais, para asegurar que só pode asinar quen está conectado, só se permite a firma electrónica cun certificado electrónico cuxo DNI asociado coincida co do usuario conectado á aplicación.

Información adicional sobre a firma electrónica en DocelWeb